05/12/17 | 17:39 | C. do Medio Rural Ángeles Vázquez insiste en cualificar como “terrorista” a acción delituosa dos incendiarios porque “atacan o patrimonio e a vida”
A conselleira do Medio Rural lembrou no Parlamento que na última vaga de lumes déronse unhas condicións meteorolóxicas extremas, con fortes ventos, altas temperaturas e moi baixa humidade, pero o certo é que “Galicia sufriu un ataque incendiario desaforado e sen precedentes”
Destacou tamén a declaración institucional conxunta realizada onte mesmo por Asturias, Castela-León e Galicia na que se acorda establecer liñas de actuación conxuntas para unha mellor coordinación na loita contra os incendios