04/12/17 | 13:33 | C. do Medio Rural Galicia contará en 2018 con dous millóns de euros para as axudas a reestruturación e reconversión do viñedo, o dobre da pasada convocatoria
A conselleira do Medio Rural asistiu esta mañá á conferencia sectorial de agricultura e desenvolvemento rural, onde se decidiu o reparto destas axudas para cada unha das comunidades autónomas
Tamén se fixo unha ampliación de crédito para o programa escolar de consumo de froitas, hortalizas e leite no curso 2017/2018, ao que Galicia lle corresponde un incremento dun 48% chegando aos 1,5 millóns de euros totais