01/04/19 | 11:40 | C. do Medio Rural Díaz Mouteira define o salón Vinis Terrae como un escaparate excelente para a internacionalización do viño galego
A delegada territorial da Xunta en Ourense participou na inauguración da oitava edición deste certame na que importadores e compradores de 14 países terán a oportunidade de coñecer as últimas anadas de preto de 50 adegas galegas
Destacou os bos datos do sector cunha produción de 44 millóns de litros de viño galego con selo de calidade no pasado ano e unha facturación de 220,6 millóns de euros
A Consellería do Medio Rural organiza un amplo programa de actividades entre as que destacan catas comentadas e talleres prácticos, así como visitas a adegas e zonas produtoras de viño