27/12/22 | 14:04 | C. de Política Social e Xuventude A programa ‘Coidados Porta a Porta’ da Xunta de Galicia atendeu a 28.000 maiores durante este ano
As unidades móbiles desta iniciativa percorreron todos os concellos galegos, agás as sete cidades, achegando servizos gratuítos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria
A provincia que máis beneficiarios rexistrou foi a da Coruña con 8600, seguida da de Ourense con 7100, Pontevedra con 6200 e Lugo con preto de 6100 usuarios
O vindeiro luns retomará a súa actividade e achegarase a Betanzos, Coirós, Baleira, Ribeira de Piquín, Leiro, A Lama, Os Blancos e Baltar
Está dirixido a persoas maiores de 55 anos que tan só terán que solicitar cita previa nos números de teléfono 622 748 283 ou 623 546 992, ou ben no enderezo electróni-co coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal