03/12/22 | 13:15 | C. de Política Social e Xuventude A Xunta licita as obras de acondicionamento do punto de encontro familiar da Coruña, que contarán cun investimento de preto de 540.000 euros
Os traballos, que terán un prazo de execución de seis meses, permitirán trasladar o servizo do Edificio A do complexo do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) da Coruña, ao Edificio F, para contar con mellores instalacións