26/11/22 | 21:46 | C. de Política Social e Xuventude; Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes A Xunta pon en valor o traballo da Fundación Andrea en apoio ás familias con nenos e nenas con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participaron na gala anual da entidade, na que se entregaron catro “variñas máxicas” a persoas que colaboran coa organización
Diego Calvo destacou o espírito solidario que a fundación mantén durante todo o ano para prestar os servizos que precisan as familias con rapaces e rapazas hospitalizados ou co proxecto de humanización de espazos nos hospitais galegos