22/11/22 | 12:24 | C. de Política Social e Xuventude A Xunta sinala que os Orzamentos de 2023 permitirán seguir facendo de Galicia un lugar máis familiar
Inclúen un investimento récord en materia de Política Social e Xuventude ao superar os 1000 millóns de euros, un 16% máis que neste 2022
Entre as iniciativas para garantir a conciliación das familias destaca a gratuidade de todas as escolas infantís para o que a Xunta destinará un orzamento anual de 55M€
Esta medida está a beneficiar a máis de 30.000 familias de toda Galicia, 3000 na cidade da Coruña, que aforran entre 1500 e 2000 euros ao ano
A Xunta tamén axuda ás familias a través da Tarxeta Benvida, para a compra de produtos básicos; do Bono Coidado, para contratar un servizo extraordinario de conciliación; ou do impulso das casa niño, para os concellos menos poboados