20/12/21 | 14:43 | C. de Infraestruturas e Mobilidade; A Presidencia da Xunta Feijóo destaca o éxito colectivo da chegada do AVE a Ourense e anima a concluílo para aproveitar ao máximo este activo de valor incalculable
”Para os galegos é un antes e un despois. Supón competir en termos de igualdade co Mediterráneo, o Sur e, en definitiva, coa maior parte de España”, expresa
Lembra que, malia o atraso acumulado polas obras, Galicia está decidida a aprender das experiencias doutros territorios, dos seus acertos e erros, para obter do AVE toda a rendibilidade que traerá á Comunidade
Asegura que é irrenunciable que o resto de cidades galegas poidan sumarse “canto antes” ao mapa de alta velocidade ferroviaria; e demandou que cumpran os tempos de conexión de pouco máis de tres horas entre Madrid e o resto de cidades para cumprir a planificación comprometida por distintos Gobernos de España
Resalta a demanda de que se estendan os beneficios da alta velocidade ferroviaria tamén ata Ferrol e Lugo, despexando toda sombra de incerteza sobre as conexións de Vigo, así como a conexión con Portugal