15/12/21 | 12:54 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta Feijóo anuncia a creación do selo Galicia Calidade Alimentaria, que englobará os produtos agroalimentarios con excelencia recoñecida e afondará na súa promoción
Explica que este novo distintivo agrupará os produtos con denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, marcas de garantía como Galega 100%, as razas autóctonas e o selo PescadeRías
Avanza que no Consello da vindeira semana se avaliarán os 37,5 M€ que a Xunta vai destinar á incorporación de mozos ao agro, aos plans de mellora e ao desenvolvemento de pequenas explotacións