13/12/21 | 14:22 | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación; A Presidencia da Xunta Feijóo destaca a artesanía galega como o mellor escaparate da marca Galicia Calidade no que a tradición e a innovación van da man
Salienta que o sector está formado hoxe por case 3.300 profesionais, que traballan en 749 obradoiros, e cuxas actividades dan emprego a máis de 7.800 persoas
Lembra que Galicia foi a primeira comunidade cunha marca propia neste eido, presente en países de todo o mundo como Xapón, Reino Unido, Australia, Suecia ou Italia
Resalta un investimento desde 2009 de preto de 22 millóns destinados á modernización, á mellora da comercialización e a formación de aprendices no sector
Traslada os parabéns aos premiados e finalistas e resalta a súa contribución ao patrimonio cultural galego