26/11/21 | 10:31 | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación; A Presidencia da Xunta Feijóo destaca que a metade dos proxectos de Galicia aos Next Generation están orientados cara a unha transición enerxética xusta, planificada e que garanta a cohesión
Salienta que a Comunidade ten deseñado un Polo para a Transformación de Galicia que aspira a implantar proxectos tractores en xestión sostible dos bosques, un centro de economía circular, recuperación do rural, xeración de hidróxeno verde e implantación dunha maior potencia renovable
Alerta novamente das consecuencias dunha transición abrupta, que só na comunidade pon en perigo a continuidade de 16.500 empregos de sectores estratéxicos
Afirma que a Xunta seguirá promovendo unha industria transformadora: facilitando a súa implantación coa Lei de simplificación administrativa e a nova Lei de áreas empresarias; axudando á reactivación, con novas rebaixas de impostos; e cuns orzamentos que destinan 2.600M€ para acelerar a recuperación