29/11/22 | 14:11 | C. de Infraestruturas e Mobilidade; C. de Sanidade A Xunta licita por máis de 90.000 euros a redacción do proxecto básico e de execución das obras do novo centro de saúde de Boborás
As ofertas deberán incluír unha idea global do edificio e da súa urbanización, coa concepción construtiva e instalacións, integrando a madeira no seu deseño e dando unha resposta tecnolóxica que garanta o baixo consumo enerxético
Desde a sinatura do contrato, establécese un prazo de 3 meses para entregar o proxecto básico e, tras ser informado favorablemente, haberá 2 meses para ultimar o proxecto de execución
O novo centro, cuxas obras se estima suporán un investimento de 1,24 M€, contará cunha superficie construída de máis de 660 m2, case un 40% superior á superficie actual
As empresas interesadas no contrato poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 3 de xaneiro
Este novo centro de saúde é froito da colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello, e conta coa cooperación da Deputación Provincial de Ourense, sendo a Consellería de Infraestruturas a encargada da súa execución