28/12/21 | 23:14 | C. de Sanidade; Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes Xunta e ocio nocturno chegan a un acordo sobre as medidas a adoptar ante a covid durante o Nadal
Os negocios de ocio nocturno poderán optar entre abrir do 30 de decembro ao 2 de xaneiro ou optar a unha liña de axudas con tramos en función dos metros do local
Ata o 18 de xaneiro todos os locais deste sector poderán abrir ata as 03,00 da madrugada e co resto de condicións determinadas pola Consellería de Sanidade
A orde de axudas publicarase no mes de xaneiro, comezarase a aboar en febreiro e unirase aos case 130 millóns mobilizados durante toda a pandemia na hostalería e o ocio nocturno
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, tamén se reuniron con representantes da hostalería para avaliar as medidas adoptadas polo comité clínico coas que garantir a seguridade sanitaria
En Noitevella os locais de hostalería e restauración pecharán ás 01,00 horas e non poderán abrir no día de Ano Novo ata as 09,00 horas