17/12/21 | 14:04 | C. de Sanidade As ambulancias de soporte vital avanzado de enfermería do 061 de Galicia realizan máis de 11.000 servizos nos últimos dous anos
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, preside o acto que conmemora o segundo aniversario da posta en marcha destas ambulancias, que permiten mellorar a calidade asistencial e os tempos de asistencia dos pacientes nos seus domicilios, optimizando os desprazamentos do persoal médico e de enfermería de atención primaria no seu traballo diario
Nos próximos días, está prevista a implementación da adaptación da historia clínica informática ás competencias profesionais do persoal de enfermería das ambulancias asistenciais, que repercutirá nunha mellora da calidade asistencial aos pacientes