19/09/22 | 13:24 | C. de Sanidade A Xunta adxudica por 380.000€ a redacción do proxecto básico e de execución das obras do novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa
O contrato prevé un prazo de 4 meses para a entrega do proxecto básico e 5 para ultimar o proxecto de execución
O novo centro, cuxas obras se estima suporán un investimento de 10,21 M€, contará cunha superficie construída de máis de 5.000 m2 e aumentará nun 55% a superficie do actual
Esta intervención é froito da colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello, sendo a Consellería de Infraestruturas a encargada da súa execución
O centro prevé 17 consultas de medicina xeral, 17 de enfermaría, 5 de pediatría e 5 de enfermería pediátrica ou 2 farmacia, matrona, odontoloxía ou fisioterapia, entre outras
As instalacións forman parte das 15 actuacións previstas para a provincia de Pontevedra, dentro do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria aprobado en 2021