Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2756 novas da C. de Sanidade:

30/12/22 | 12:28 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade salienta a importancia de traballar na concienciación da mocidade sobre a doazón de medula ósea

Julio García Comesaña presidiu hoxe o acto de entrega dos premios do VII Concurso Universitario de Curtametraxes relacionado coa doazón e os transplantes de medula ósea

30/12/22 | 11:51 | C. de Sanidade

A Xunta adxudica a contratación da redacción do proxecto básico e de execución e de dirección da obra de ampliación e reforma do centro de saúde de Meira por 127.000 €

A reforma proposta consiste, entre outras actuacións, nunha ampliación do centro nunha consulta de enfermería pediátrica, unha sala polivalente e unha de técnicas, e na ampliación dun box de críticos no PAC

30/12/22 | 11:30 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia pide precaución ante o aumento de desprazamentos nas festividades do Nadal

Durante as festividades de 2021, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 287 chamadas en relación cos accidentes de tráfico, que xeraron 219 asistencias. Nelas atendeuse a 280 persoas, das que tres faleceron no punto do incidente

30/12/22 | 11:18 | C. de Sanidade

A Xunta amplía en dúas semanas a campaña de vacinación da gripe

O Executivo galego estenderá a posibilidade de vacinarse contra a gripe até mediados de xaneiro

29/12/22 | 15:37 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

A Xunta inviste máis de 22 M€ na construción do Centro Galego de Protonterapia para situar a Galicia á vangarda no tratamento do cancro

Rueda subliña que o proxecto, cuxo prazo de execución é de 28 meses, acollerá un dos sistemas “máis avanzados” contra a enfermidade e permitirá atender a pacientes tanto de Galicia como de Asturias e Castela e León

29/12/22 | 13:48 | C. de Sanidade

Trenor reuniuse con representantes da Liga Reumatolóxica Galega

Trenor destacou que a atención integral deste tipo de enfermidades representa un dos principais retos e prioridades para o Servizo Galego de Saúde

29/12/22 | 11:06 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 2.058 casos activos por coronavirus

Un total de 684.764 pacientes xa están curados
 

28/12/22 | 15:00 | C. de Sanidade

Os acordos de xestión do Sergas para 2023 centran o seu obxectivo en recuperar os tempos de espera previos á pandemia nas intervencións cirúrxicas, as consultas e as probas diagnósticas

Para acadar este obxectivo, o conselleiro de Sanidade sinalou na sinatura destes acordos coas sete áreas sanitarias, que a Xunta está a traballar nun Plan de Intensificación da actividade asistencial, que incorporará medidas novidosas

28/12/22 | 10:27 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.940 casos activos por coronavirus

Un total de 684.691 pacientes xa están curados

27/12/22 | 17:22 | C. de Sanidade

A Xunta pon en marcha no CHUAC unha nova unidade de ensaios clínicos que permitirá avaliar a efectividade de novos fármacos

Na actualidade, o servizo de Oncoloxía Médica do Chuac conta con máis de 160 ensaios clínicos activos