18/11/22 | 11:30 | C. de Sanidade O futuro centro galego de control e prevención de enfermidades captará talento en Galicia a través de novas fórmulas de provisión de persoal
A través deste Centro, a Xunta potenciará o traballo en rede, avanzará na resposta rápida fronte a gromos e implementará accións temperáns e estratexias de prevención axeitadas
Comesaña sinalou na celebración do 50 Aniversario do Servizo de Medicina Preventiva e Saúde Pública do CHUS o papel relevante que a medicina preventiva debe ter neste novo Centro
A Xunta destaca a formación de máis de 50 especialistas de Medicina Preventiva e Saúde Pública nas distintas áreas da sanidade galega e a nivel nacional nas últimas décadas