07/11/21 | 16:00 | C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades; C. de Sanidade A Xunta agradece aos expertos participantes en “Carta de Santiago” as suas achegas para afrontar os retos da sociedade poscovid
Este foro internacional, organizado polo Goberno galego en colaboración coa Fundación Paideia Galiza, reuniu no Gaiás a 40 especialistas en ciencia, cultura, medio ambiente ou cambio social
O titular de Cultura do Goberno galego animou a que as conclusións deste encontro, que se plasmarán nun documento, “sirvan como folla de ruta para comezar a definir a dirección que debemos tomar como sociedade”.
O programa pechou coa conferencia de María Neira, directora do Departamento de Saúde Pública da OMS, que se conectou en directo con ‘Carta de Santiago’ a través dunha proxección holográfica desde Glasgow, onde asiste á COP26
O evento foi seguido por arredor de 2.000 asistentes, ben presencialmente, ben a través da súa retransmisión en streaming