10/12/21 | 19:11 | C. de Sanidade; Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes A Xunta avalía coa hostalería a evolución da covid e as liñas a seguir para garantir a seguridade sanitaria no sector
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reuníronse esta tarde con representantes do sector para abordar a necesidade de aumentar os controis
Reforzarase a coordinación coas forzas e corpos de seguridade para velar polo cumprimento das medidas vixentes
Mantense a obrigatoriedade de amosar o certificado covid no ocio nocturno e nos restaurantes durante todo o seu horario de apertura e nos bares e cafetarías desde as 21,00 horas, así como o límite de 8 persoas por mesa no interior dos locais e de 15 nas terrazas
A Xunta apela ao “sentidiño” e á responsabilidade dos profesionais da hostalería e dos clientes para poder manter os niveis de restricións actuais