07/12/21 | 12:30 | C. de Sanidade A Xunta avanza na redacción do proxecto construtivo das próximas reformas no hospital da Mariña, ás que destinará 15M€
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, sinala que a adxudicataria dispón de cinco meses para elaborar a documentación, que posteriormente supervisará o Sergas coa previsión de poder licitar a obra o vindeiro ano
Recolle a construción dunha nova edificación, renovación de instalacións liberadas nas fases anteriores e melloras en diversos servizos