06/06/22 | 12:35 | A Presidencia da Xunta Rueda gaba a implicación das empresas e a sociedade civil na loita contra o cambio climático
“Universidades, autoridades portuarias, empresas e industria e outras entidades unimos hoxe as nosas forzas e todos xuntos, sector público e privado, traballaremos cos mesmos obxectivos e a mesma filosofía: deixar unha Galicia mellor ás vindeiras xeracións”, di
Explica que formar parte desta sinatura supón asumir as liñas estratéxicas que cada ano se irán marcando, ademais dunha serie de deberes, como: establecer accións dirixidas á mitigación do cambio climático en Galicia; ou fomentar o intercambio de información científica, tecnolóxica, socioeconómica ou xurídica sobre esta materia
Salienta que esta alianza é un pacto aberto ao que poderán adherirse todas aquelas entidades que o desexen, “porque queda moito por facer, pero xuntos será máis doado”, incide