Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 468 novas da área temática Administración pública:

27/12/22 | 15:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a USC presentan o estudo que delimita as competencias das administracións autonómica e local a prol da prestación eficiente dos servizos públicos

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes e mais o reitor da Universidade de Santiago participaron no acto de presentación, ao que asistiron responsables municipais de toda Galicia

27/12/22 | 13:45 | C. de Facenda e Administración Pública

Máis do 97% dos concellos galegos conta con sede electrónica

 A porcentaxe de municipios con este servizo, esencial na dixitalización da administración, incrementouse en preto dun 23% en catro anos

27/12/22 | 12:19 | C. de Facenda e Administración Pública

O DOG publica hoxe a oferta de emprego público da Administración Xeral para 2022, con 702 prazas de acceso libre

O decreto de oferta tamén inclúe 422 prazas para a promoción interna co que a Oferta para 2022 ascende a 1.124 prazas

26/12/22 | 10:52 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta convoca máis de 5.600 prazas para o proceso de estabilización de emprego

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe e mañá as correspondentes convocatorias

25/12/22 | 12:21 | C. de Facenda e Administración Pública

A primeira Asemblea Xeral do Nodo CIBER.gal fai balance das actuacións e avanza novas iniciativas dirixidas ás administracións públicas e empresas

O Nodo CIBER.gal celebrou esta semana a súa primeira Asemblea Xeral, xuntando a todos os seus socios fundadores e membros vinculados ao ecosistema de ciberseguridade de Galicia

22/12/22 | 15:03 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Rueda avanza que a Oferta de Emprego Público da Administración Xeral para 2022 ascende a 1.124 prazas, das cales 702 son de acceso libre

Destaca que a Xunta “hai anos” que solicitou sen éxito ao Goberno central que eliminase a taxa de reposición para poder convocar máis postos de traballo

21/12/22 | 16:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presentará a vindeira semana o estudo sobre a delimitación de competencias no eido local elaborado pola Universidade de Santiago

Anunciouno o vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes hoxe no Parlamento, onde interveu nunha interpelación para abordar o financiamento das entidades locais

19/12/22 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta iniciará en xaneiro as obras de mellora de eficiencia enerxética no edificio da delegación da Xunta na Coruña por un importe de 1,8 M€

O delegado territorial presentou hoxe o proxecto que inclúe a instalación de dúas caldeiras de biomasa e a mellora do sistema de control e a substitución dos equipos de iluminación existentes por luminarias LED

14/12/22 | 16:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o Norte de Portugal impulsan unha nova estrutura de cooperación transfronteiriza na contorna da ‘raia seca’ e do Gerês-Xurés

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea participou no acto de sinatura da declaración institucional para o seu lanzamento, xunto os presidentes da Deputación de Ourense e das CIMs portuguesas do Alto Minho, do Cávado e do Alto Tamega e Barroso