13/12/21 | 13:36 | C. do Medio Rural A Xunta asina un convenio con catro comunidades de regantes da Limia para a construción de 42 novos pozos de sondaxe de auga por case 4 M€
A sinatura fíxose efectiva entre a Consellería do Medio Rural e as comunidades de regantes de San Salvador de Sabucedo, Lamas Ganade, Corno do Monte e Alta Limia
Trátase de actuacións necesarias para a sinatura do convenio entre o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, a Sociedade Estatal de Infraestruturas Agrarias, SEIASA, e as comunidades de regantes para mellorar este regadío, cunha dotación económica de 15,9 millóns de euros