30/11/21 | 12:54 | C. do Medio Rural; C. de Política Social e Xuventude A Xunta actúa de xeito transversal e integral na posta en valor da terra agraria e na fixación de poboación no rural para afrontar o reto demográfico
Ambos conselleiros lamentaron a ausencia do secretario general para el Reto Demográfico a un acto que estaba deseñado para mostrarlle os pasos dados polo Goberno galego co gallo de fixar poboación no rural e para apelar á colaboración interadministrativa
Fabiola García sinalou que mentres a Xunta pon en marcha todas estas medidas, o Goberno central non aporta “nin un só euro” a facer fronte ao reto demográfico
José González solicitou ao Estado altura de miras ante o Proxecto de recuperación integral e sostible do rural galego, presentado pola Xunta aos fondos Next Generation co que se trata de poñer en valor ata 18.000 hectáreas de terra abandonada en Galicia e 200 aldeas modelo a través dos instrumentos da Lei de recuperación