20/11/21 | 14:32 | C. do Medio Rural Galicia e Castela e León censuran a falla de compromiso do Goberno central co sector primario á hora de frear a venda a perdas
Ambas comunidades afearon o voto en contra no Senado á emenda presentada para incorporar na lei da cadea alimentaria a aplicación Conta Láctea como forma de acreditación do custo efectivo de produción de agricultores e gandeiros
Consideran que desta forma a lei quédase en “papel mollado” á hora de poñer freo, de xeito efectivo, ás prácticas de venda a perdas
José González explicou a Jesús Julio Carnero o funcionamento e as utilidades que ofrece a aplicación informática creada pola Xunta para determinar os custos de produción das explotacións lácteas
O encontro de traballo tamén serviu para intercambiar impresións e experiencias entre ambos gobernos autonómicos, todas elas relacionadas co apoio ao sector primario para mellorar o seu competitividade
Acordouse ademais que ambas consellerías formalizarán un grupo de traballo para intercambiar o modelo das aplicacións postas en marcha en ambas comunidades autónomas, avanzando así na profesionalización do sector