29/10/22 | 14:02 | C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades O Centro Dramático e Ainé clausuran o FIOT de Carballo no inicio da xira de ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’ por unha decena de escenarios
O espectáculo dirixido por Tito Asorey represéntase no Pazo da Cultura carballés o vindeiro luns cunha función inclusiva tras a súa estadía no Salón Teatro de Santiago, onde ofreceu 21 funcións que congregaron máis de 4500 espectadores
Ourense, Vigo, Narón, Pontevedra, Cangas, Burela, Lugo, Vilagarcía de Arousa, A Coruña e Ferrol son os próximos destinos deste percorrido, que se estenderá ata primeiros de febreiro de 2023
Xosé A. Touriñán, Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido e Sergio Zearreta interpretan a montaxe sobre a cara oculta do fútbol, a partir dun libro aínda inédito de Nacho Carretero con dramaturxia de José L. Prieto