14/09/22 | 15:18 | C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades Román Rodríguez sitúa ‘Rapa’ como referencia de calidade e de dinamización económica do audiovisual galego
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades visita o equipo desta serie que, producida por Portocabo para MovistarPlus+, rodará a segunda temporada ata decembro en Ferrol, Valdoviño, Fene, Cedeira e Narón
A Xunta achega 600.000 euros a través do fondo de atracción de rodaxes do seu Hub para esta ficción creada por Pepe Coira e Fran Araújo
Os seis episodios desta nova entrega volven estar protagonizados por Javier Cámara e Mónica López, xunto a un elenco de intérpretes galegos como Melania Cruz, Carlos Blanco, Federico Pérez, Adrián Ríos ou Iolanda Muíños, entre outros