08/08/22 | 13:12 | C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades O audiovisual galego recibe 2,5 M€ en axudas da Xunta para producir 14 novos filmes e series
Publícase a adxudicación das subvencións á produción e coprodución de proxectos audiovisuais, as de maior dotación das convocadas en 2022 para este sector en Galicia
Impulsarase a posta en marcha de 11 longametraxes, unha serie documental e dúas curtametraxes, a meirande parte delas en versión orixinal e con apoio previo do Goberno autonómico para a súa fase de escrita de guión e/ou preprodución
Entre os títulos beneficiarios, atópanse os próximos traballos dos realizadores Gabriel Azorín, Xacio Baño, Simón Casal de Miguel, Noemí Chantada, Fon Cortizo, Eloy Domínguez, Anxos Fazáns, Andrés Goteira e Ángel Santos