31/07/22 | 11:30 | C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades Dúas mil persoas viviron xa na Cidade da Cultura a experiencia de realidade virtual ‘Carne y Arena’, para a que están á venda as entradas de agosto e setembro
A instalación esgotou no primeiro mes todos os pases dispoñibles para xullo
Pódese seguir participando durante o verán, para o que cómpre reservar praza xa que a experiencia está deseñada para ser vivida de xeito individual
Santiago de Compostela convértese na primeira e ata agora única cidade de España e Portugal onde vivir esta proposta, tras o seu paso por Washington, Os Ánxeles, Cidade de México, Montreal, Ámsterdam, Cannes ou Milán
‘CARNE y ARENA’ é un proxecto producido por Legendary Entertainment, Emerson Collective, Fondazione Prada e PHI Studio, que chega a Santiago da man da Xunta de Galicia e da plataforma cultural 90_20