23/12/22 | 12:51 | C. de Política Social e Xuventude A Xunta sinala que ‘Xuntos polo Nadal’ é o mellor antídoto contra a soidade para as persoas maiores
Ofrece estadías 100 % gratuítas en réxime de pensión completa para as persoas maiores que non teñen con quen pasar estas datas
A primeira quenda comezou este xoves e rematará o 29 de decembro mentres que a segunda quenda estenderase do 31 ao 7 de xaneiro
Asúmense os custes de manutención en pensión completa e de transporte, e ofrecerase un amplo programa de actividades con excursións e obradoiros
Ademais desta Residencia de Tempo Libre de Panxón, esta actividade está tendo lugar no centro do Carballiño