20/12/22 | 12:12 Lorenzana presenta o espazo de conciliación promovido no porto da Coruña pola Xunta de Galicia para axudar ás familias este Nadal
As instalacións, situadas no peirao do Parrote, abrirán en horario de mañá e tarde entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro e ofrecerán actividades de carácter deportivo, obradoiros de reciclaxe e paseos culturais, entre outras
É de balde e está dirixida a rapazas e rapaces de 4 a 16 anos que deberán inscribirse o mesmo día directamente na carpa do Parrote, sen trámites previos
A área de Promoción do Emprego contará en 2023 con 14,6 millóns de euros destinados a impulsar as medidas de conciliación e corresponsabilidade