09/12/22 | 14:41 | C. de Política Social e Xuventude A Xunta incrementa o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar ao que destinará o vindeiro ano o investimento récord de 112 millóns de euros
Este esforzo orzamentario permitirá incrementar o número de horas á disposición dos Concellos e aumentar a achega autonómica ata chegar aos 12€/hora
O Goberno galego adianta un ano o compromiso de lexislatura que tiña fixado coa Fegamp para subir progresivamente a financiación e xa o aplicará a partir de xaneiro
A Administración autonómica incrementa así os fondos destinados a este servizo municipal nun 24%, ao pasar dos 9,7 €/hora do inicio da lexislatura ata os 12 actuais