Hemeroteca

Novas publicadas hai máis de seis meses

Novas publicadas hai máis de seis meses
Ten dispoñibles para consulta 1699 novas da área temática Comercio :
Feijóo salienta que a nova pasarela peonil A Grela-Marineda consolida o polígono como un gran espazo industrial e comercial seguro, sustentable e atractivo para milleiros de visitantes
11/12/19 | 13:37  | A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta que a nova pasarela peonil A Grela-Marineda consolida o polígono como un gran espazo industrial e comercial seguro, sustentable e atractivo para milleiros de visitantes

Pon en valor o permanente diálogo e a colaboración coa Asociación de empresarios da Grela, que marcaron a súa execución. Non en van, neste polígono desenvolven a súa actividade máis de 550 empresas

Asevera que a nova pasarela responde tamén a outros obxectivos como é a humanización desta paisaxe industrial como un espazo de esparcemento e lecer para os cidadáns

Subliña que con esta obra avánzase na aposta por fomentar unha mobilidade limpa e destaca que o acceso dos autobuses interurbanos ao centro supuxo un incremento de case un 14% nos usuarios do Transporte metropolitano

Esta actuación intégrase no Plan de sendas, co que xa se puxeron en servizo máis de 100Km de itinerarios seguros, sustentables e integrados na paisaxe

Destaca o investimento de máis de 30 M€ na prolongación da Vía Ártabra ata a AP-9, que ofrecerá unha alternativa para acceder a cidade desde Cambre, Oleiros ou Sada moito máis rápida e segura

Reedita o compromiso coa nova residencia da terceira idade e co novo Hospital Público Universitario da Coruña

Asegura que a Xunta seguirá defendendo os intereses da cidade, para recuperar o tempo perdido para que teña unha estación intermodal e outras infraestruturas como a cuarta rolda ou a imprescindible ampliación da avenida de Alfonso Molina

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: