28/10/22 | 10:52 | Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes A Xunta destinará 342 M€ en 2023 en apoio ao deporte, á Administración de Xustiza, aos concellos galegos en servizos como as emerxencias e á acción exterior da comunidade
O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, compareceu hoxe no Parlamento de Galicia para explicar as contas do departamento que dirixe para o vindeiro ano, que soben nun 12,9% máis que o ano pasado e por riba do aumento medio do 8,5% do orzamento da Xunta
A Secretaría Xeral para o Deporte incrementará a súa partida en máis dun 35,6% ata os 44M€, con máis de 18M€ destinados á mellora das instalacións deportivas
A Dirección Xeral de Xustiza manexará máis de 164M€ para acometer as obras do edificio do Imelga e construír o novo xulgado da Estrada, ademais de continuar coa modernización e dixitalización deste servizo