28/11/22 | 16:27 | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación; C. de Infraestruturas e Mobilidade; A Presidencia da Xunta Rueda subliña os intereses comúns de Galicia e Asturias por unha financiación autonómica que atenda a dispersión poboacional
Demanda ao Goberno unha reforma do modelo de financiación baseada nunha xustiza distributiva para as CC.AA con poboación envellecida e dispersa e alerta que unha negociación bilateral poría en “pé de guerra” ás comunidades que quedan fóra
Úrxelle ao Goberno central a convocatoria dos Perte ante a incerteza de financiación para os proxectos tractores que Galicia presentou os Fondos Europeos
Salienta o importante gasto social e en sanidade dos Orzamentos da Xunta de 2023, xa que advirte de que o primeiro semestre “vai ser duro”
Garante que o Executivo autonómico fará “o posible e o imposible” para ter presentado en prazos os informes de impacto ambiental dos parques eólicos
Rueda e Barbón acordan celebrar unha reunión bilateral entre Galicia e Asturias para abordar o reto demográfico