29/11/21 | 18:49 | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación Conde destaca o potencial de Galicia e Norte de Portugal para consolidar a súa colaboración e traballar no desenvolvemento dun polo innovador
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, sinala que todos os esforzos como Eurorrexión teñen que estar centrados “en sumar capacidades e talento”
Destaca as posibilidades en eidos como a mobilidade do futuro, a enerxía do mar, a industria agroalimentaria, a biotecnoloxía ou o Camiño de Santiago
No marco da Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza (RIS3T), desenvolvéronse 1309 proxectos que permitiron captar 598,2 millóns de euros de financiamento europeo, mobilizando 670,7 millóns de euros
O vicepresidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional da Rexión Norte de Portugal (CCDR-Norte), Beraldino Pinto, avoga por reforzar a cooperación empresarial e a interacción das empresas da Eurorrexión co sistema de investigación e desenvolvemento