06/08/15 | 12:29 | C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades Educación inviste este ano máis de 750.000 euros na reforma e mellora dun total de 34 centros educativos de Vigo e a súa área
A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá o CEIP San Salvador de Teis, onde se substituíu a cuberta por ter filtracións de auga cun investimento superior aos 60.000 euros.
A maioría dos traballos están rematados ou en avanzado estado de execución para que os centros estean listos de cara ao vindeiro curso escolar 2015/2016.
En Vigo cidade tamén se realizaron obras de reforma na EEI Monte da Guía, no CEIP Vicente Risco, CEIP Illas Cíes, IES Carlos Casares, Álvaro Cunqueiro, Castelao, Ricardo Mella ou no IES Valadares, entre outros.
Nos últimos anos a Xunta de Galicia leva investidos máis de 19 millóns de euros neste tipo de reformas, ampliación e mellora (RAM) dos centros de Primaria e Secundaria dos 14 concellos que conforman a Delegación Territorial.
Neste senso, a cidade de Vigo recibiu a maior partida económica cunha contía que supera os 12 millóns de euros.