07/07/15 | 13:34 | C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades Román Rodríguez gaba os docentes polo seu papel de “principal activo do sistema educativo” na presentación do Plan de Formación do Profesorado do vindeiro curso
A Consellería de Cultura e Educación impulsará as competencias que se consideran necesarias para un axeitado desenvolvemento da profesión, tales como a xestión do coñecemento ou a destreza nas TIC
O Plan implantará por primeira vez un Curso Masivo Aberto en Rede (MOOC) sobre a integración das competencias clave no currículo
A previsión inicial pasa por poñer en marcha máis de 370 actividades formativas –é dicir, unha media de dúas por día lectivo– e conseguir que 4 de cada 10 centros teñan un plan de Formación Permanente do Profesorado
Os prognósticos do ano pasado superáronse con creces, pois realizáronse máis de 2.000 actividades, cuxa valoración media rozou a máxima puntuación