Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Emerxencias:

31/12/22 | 15:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa a alerta laranxa por choiva en Lugo, Ourense e Pontevedra

Agárdase unha precipitación acumulada en 12 horas de 80 mm
 

30/12/22 | 21:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa a alerta laranxa por vento na mariña de Lugo

Poderán acadarse refachos de ata 100 km/h

30/12/22 | 11:30 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia pide precaución ante o aumento de desprazamentos nas festividades do Nadal

Durante as festividades de 2021, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 287 chamadas en relación cos accidentes de tráfico, que xeraron 219 asistencias. Nelas atendeuse a 280 persoas, das que tres faleceron no punto do incidente

29/12/22 | 13:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá unha alerta laranxa por temporal costeiro nos litorais da Coruña e de Lugo

Agárdase mar combinada do oeste e suroeste con ondas de ata 6 metros e vento do sur e suroeste de forza 8

29/12/22 | 11:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Palas de Rei dota a Policía Local dun novo vehículo co sistema renting impulsado pola Xunta no marco do Fondo de Compensación Ambiental

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobaron o novo equipamento policial

28/12/22 | 12:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta formaliza a incorporación de novos integrantes de Protección Civil ás agrupacións de Portas, Vila de Cruces e Vilanova de Arousa

O delegado territorial, Luis López, realizou esta mañá a entrega de carnés a unha vintena de efectivos destas tres entidades de voluntarios nun acto celebrado na sala de conferencias do edificio administrativo da Xunta en Pontevedra

23/12/22 | 08:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por choivas no suroeste da Coruña

Agárdase unha precipitación acumulada en 12 horas que poderá acadar os 80 mm.
 

22/12/22 | 14:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica comisa 63,5 quilos de centola en Marín

No marco dun dispositivo de control e rastrexo de produtos pesqueiros desenvolvido no porto de Aguete por axentes da UPA da sede de Pontevedra, en colaboración co Servizo de Gardacostas de Galicia

19/12/22 | 14:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Comisión Galega de Protección Civil informou de xeito favorable das revisións e actualizacións de catro plans de emerxencias exterior

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, presidiu hoxe o pleno da entidade, na que se informou favorablemente dos Plans de Emerxencia Exterior de Punta Promontoiro, Foresa-Caldas, Syngenta e Gasib