01/12/22 | 16:11 | A Presidencia da Xunta A primeira Estratexia Galicia Retorna supuxo a incorporación de 28.000 galegos retornados de máis de 40 países
Rueda considera que estas cifras “positivas” demostran que este programa foi “todo un éxito” e salienta que outras CC.AA. se teñen interesado por el
Puxo en valor que o 80 % dos retornados ten menos de 65 anos e o 58,70 % da poboación retornada é menor de 45 anos
Apunta que as estatísticas de poboación recentemente publicadas dos seis primeros meses deste ano mostran un saldo migratorio positivo en 12.768 persoas e sulbiña que logra reverter o saldo vexetativo negativo, facendo que Galicia gañe poboación
As axudas específicas para o retorno da Secretaría Xeral da Emigración favoreceron a posta en marcha de 600 novos proxectos empresariais de retornados, cun impacto dos investimentos en Galicia destes proxectos superior aos 32 M€
Ofertáronse 1.200 bolsas formativas para que galegos residentes no exterior puidesen facer un máster, dos que o 80 % está a residir e traballar en Galicia
Creouse a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, que ata hoxe deu resposta a 40.000 consultas
As medidas específicas contaron cunha achega de 25 M€ neste período de cinco anos e as transversais favoreceron a integracións dos retornados, que contaron cun financiamento de 500 M€