10/02/22 | 13:12 | Secretaría Xeral de Emigración A Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno en Lugo atendeu case 2.000 consultas para facilitar a integración dos galegos retornados na provincia
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta de Lugo, Javier Arias, visitaron a oficina situada no edificio administrativo da cidade da muralla, que conta con persoal especializado para acompañar persoalmente aos galegos de exterior en todo o seu proceso de retorno
Dende a súa creación, as cinco oficinas integrais de Retorno de Galicia atenderon preto de 30.000 consultas de todo tipo, dende económicas ata escolarización de menores, emprego ou autorización de residencia