04/02/22 | 14:01 | Secretaría Xeral de Emigración A oficina integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno en Ourense acompañou a case 740 persoas na súa integración en Galicia
O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao delegado da Xunta nesta provincia, Gabriel Alén, visitou a oficina situada na avenida da Habana da cidade das Burgas, que conta con persoal especializado para acompañar persoalmente aos galegos de exterior en todo o seu proceso de retorno
Dende a súa creación, as cinco oficinas integrais de Retorno de Galicia atenderon preto de 30.000 consultas de todo tipo, dende económicas ata escolarización de menores, emprego ou autorización de residencia