29/10/22 | 15:01 | Secretaría Xeral de Emigración Chegan a Santiago os galegos do exterior que realizaron o programa conecta co Xacobeo organizado pola secretaría xeral da Emigración
Foron recibidos na praza de Mazarelos polo secretario xeral deste departamento, Antonio Rodríguez Miranda, quen os acompañou nos últimos metros ata chegar ao Obradoiro
Esta iniciativa, na que participan cerca de 200 galegos procedentes de países americanos, europeos e das comunidades autónomas, comezou o pasado domingo, realizando os últimos 100 quilómetros do Camiño Portugués e da Vía da Prata en diferentes etapas