Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 288 novas da área temática Emigración:

26/12/22 | 16:02 | Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta aborda con empresarios e sindicatos a nova Estratexia Galicia Retorna que inclúe formación e emprego nas vacantes que detecte o tecido produtivo

Continuando coa execución da iniciativa, a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantiveron hoxe en Santiago de Compostela unha xuntanza cos axentes que participan no Diálogo Social

26/12/22 | 11:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta concede 38 bolsas á mocidade exterior para que retornen, traballen e estuden FP en Galiciaen Galicia

Os primeiros beneficiarios destas bolsas, de entre 17 e 39 anos de idade, proceden de Arxentina, Venezuela, Cuba, Uruguai, Paraguai, México e Brasil

19/12/22 | 15:14

A Xunta inicia a execución da estratexia Galicia Retorna 2026 coa que se impulsará o emprendemento, a formación e o emprego de 30.000 galegos do exterior

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantiveron hoxe un encontro para avanzar nos programas de emprego da nova planificación

15/12/22 | 15:44 | Secretaría Xeral de Emigración ; A Presidencia da Xunta

A Estratexia Galicia Retorna 2026 duplica as medidas e o orzamento da anterior e busca facilitar o regreso de 30.000 galegos do exterior

Rueda resalta que é unha forma de recoñecer o dereito ao retorno dos galegos no exterior e unha vía para que Galicia gañe poboación e “compense o saldo vexetativo negativo”

10/12/22 | 19:39 | Secretaría Xeral de Emigración ; A Presidencia da Xunta

Rueda aplaude a contribución dunha xeración de galegos que axudaron a impulsar Cataluña sen deixar de construir a Galicia moderna de hoxe

Subliña que, grazas ao esforzo dos galegos no exterior, hoxe existe unha Galicia que racha teitos en exportacións, en turismo ou en investimento nos galegos

03/12/22 | 12:33 | Secretaría Xeral de Emigración

A secretaría xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega reforzarán a dixitalización de fondos de sociedades do exterior

No marco da reunión entre os representantes de ambas entidades fíxose un balance das actividades desenvolvidas en colaboración ao longo deste ano

01/12/22 | 16:11 | A Presidencia da Xunta

A primeira Estratexia Galicia Retorna supuxo a incorporación de 28.000 galegos retornados de máis de 40 países

Rueda considera que estas cifras “positivas” demostran que este programa foi “todo un éxito” e salienta que outras CC.AA. se teñen interesado por el
 

28/11/22 | 21:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta agradece aos galegos en Lleida a súa implicación a prol da galeguidade e defende no seu centro a actualidade e o futuro de Galicia como terra de oportunidades


A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Blanca García-Señoráns puxo en valor o apoio do Goberno galego ao retorno dos galegos no exterior e tamén ás actividades dos centros galegos noutras comunidades e noutros países