02/07/22 | 12:13 | Secretaría Xeral de Emigración Máis dun millar de galegos do exterior compartirán a próxima fin de semana en Compostela o ‘VI Día da Galicia Exterior’
Trátase dunha festa conxunta coa que os galegos do exterior e os da propia comunidade autónoma celebrarán o Ano Santo Xacobeo
As actividades comezarán coa realización do último tramo do Camiño de Santiago o venres 8 no que participarán preto dunhas 700 persoas
O sábado 9 será o día grande, coas actuacións das agrupacións culturais participantes nas diferentes prazas do centro histórico compostelá, xunto a celebración dunha misa na praza da Quintana e unha foliada na Alameda de Santiago que rematará co concerto de Susana Seivane
Aproveitando a celebración deste día, o venres pola mañá, desenvolverase tamén a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas no pazo de Amarante