19/03/22 | 12:21 | Secretaría Xeral de Emigración Emigración finaliza a súa visita a Caracas na que puido comprobar o óptimo funcionamento da rede de apoio social dos centros galegos e as institucións españolas coas que colabora a Xunta
Esta rede de apoio beneficiou a máis de 10.000 familias galegas durante os anos de pandemia
Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral deste departamento, recordou que entre as axudas á emigración e ao retorno, destináronse a Venezuela máis de 6,5M€ nos últimos dous anos