13/12/21 | 17:58 | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes A Xunta destaca os avances da investigación en biotecnoloxía mariña do proxecto ´´Bluehuman´´ en prol da economía circular
O director Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou hoxe na clausura do proxecto “BlueHuman”, organizada pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, na que se mostraron os resultados do proxecto no ámbito da biotecnoloxía mariña
A iniciativa desenvolveuse desde 2018 por parte de investigadortes da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, Irlanda, Reino Unido e Francia
A Xunta resaltou o enorme potencial da biotecnoloxía mariña e a súa capacidade para actuar como plataforma de competitividade e modernización en sectores clave como o do mar