14/10/21 | 11:57 Galicia avoga por ser parte activa no debate da reforma da Política Pesqueira Común
A comunidade galega ofreceuse a acoller o evento que a CRPM ten previsto celebrar na primavera de 2022 para intercambiar puntos de vista sobre a folla de ruta da pesca europea
Rosa Quintana lembrou que Galicia defende unha reforma da PPC baseada na remuda xeracional, a igualdade, a sustentabilidade, a adaptación ao cambio climático e a cogobernanza global cun maior papel do sector
Na xornada de hoxe da asemblea xeral da CRPM tamén participaron a directora xeral de Asuntos Marítimos e Pesca (DG MARE) da Comisión Europea, Charlina Vitcheva, e o presidente da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Pierre Karleskind