07/07/21 | 13:46 | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes A Xunta e a Comisión Europea abordan a nova estratexia comunitaria para impulsar unha economía azul sostible
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, inaugurou hoxe o sexto encontro do ciclo “FGE | Next Generation Galicia”, da Fundación Galicia Europa, no que destacou a importancia de fomentar a sostibilidade dos sectores económicos vencellados ao mar na Unión Europea e, especialmente, en Galicia
Unha ampla representación da Xunta puido profundar, da man dun representante da Comisión Europea, na recente comunicación coa que se pretende reducir o impacto climático de sectores como o transporte marítimo, a pesca, a acuicultura ou a construción naval, en liña cos obxectivos do Pacto Verde Europeo