28/05/21 | 20:10 | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes Galicia demanda xunto ao resto de rexións europeas a implicación subestatal na aplicación dos plans nacionais de recuperación e resilencia
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe nunha reunión extraordinaria da Mesa do Comité Europeo das Rexións
Na Declaración de Azores adoptada, o órgano de Goberno do CdR pide á Comisión Europea que extreme a vixilancia respecto á participación de rexións e municipios na posta en marcha dos plans de recuperación que van recibir os fondos do instrumento Next Generation UE
A reunión contou coa participación da ministra de Cohesión Territorial de Portugal, Ana Abrunhosa, e da directora xeral do Grupo de Traballo de Recuperación e Resiliencia da Comisión Europea, Céline Gauer